O barco foi localizado á deriva no Gran Sol case dez meses despois polo pesqueiro galego «Eduardo Pondal»
Bas Jan Ader quería cruzar o océano en solitario nunha embarcación de menos de cinco metros de eslora
Bas Jan Ader desapareceu no océano Atlántico no verán de 1975. Ía nun barquiño de catro metros de eslora e o seu propósito era cruzar o océano en solitario.
El desapareceu e naceu unha lenda na que se cruzou un pesqueiro galego de nome patriótico: o Eduardo Pondal . A tripulación deste barco encontrou o bote de Ader dez meses despois da partida do holandés no Gran Sol. A historia e o seu misterio terá continuación a partir de hoxe no Centro Galego de Arte Contemporánea coa mostra In the search of Miracolous, que documenta esa desaparición e peripecia do tripulante e mais do seu barco.
Ata 1975, Bas Jan Ader foi un artista indagatorio e performático abstraído nalgunhas incidencias filosóficas, na caída no sentido físico e espiritual, achegado a determinadas maneiras de creación do conceptual, á incidencia e procedementos da cultura de masas e tamén preocupado pola desaparición.
Despois de expoñer nunha galería de Los Ángeles, puxo en marcha un proxecto como segunda parte de esa mostra que implicaba cruzar o Atlántico dende Estados Unidos a Gran Bretaña. O resultado desa experiencia tería como finalidade outra exposición.
Bas Jan Ader mercou un barco que por aquela altura do 1975 estaba comezando a poñerse de moda entre as clases medias, un Guppy 13. Nome e número que representaban a un barquiño que en Galicia non sairía das rías. A cifra referíase ao número de pés de eslora. En sistema métrico, non chegaba aos cinco metros. Púxolle de nome Ocean Wave .
O artista reforzou o poliéster, colocou unha bomba auxiliar de achique e saíu da costa de Massachusetts o 9 de xullo de 1975 co plan de chegar en arredor de tres meses a Endland, na Fisterra británica. Segundo o comisario da mostra, Pedro de Llano, «navegaba cun sextante, coa intención de navegar máis de noite por medo aos grandes barcos, e con posibilidade de recibir información, pero sen posibilidade de enviala». Sinala De Llano que a intención era arriscada «pero non imposible» e que como explicaba o irmán do desaparecido artista «houbo xente que o conseguira con anterioridade». Non houbo máis noticias de Ader.
Un pesqueiro galego
En abril de 1979, o Eduardo Pondal faena polo Gran Sol patroneado por Manuel Castiñeiras. Encontran á deriva un pequeno barco sen ocupantes e sen mastro. É o Ocean Wave .
O rexistro que fai o patrón do barquiño é exhaustivo, localizando os efectos persoais de Ader, o sextante, roupa podrecida. Toma nota nun caderno (exhibido na exposición) e fai firmar á tripulación do recollido. Izan o barco á cuberta do Eduardo Pondal e volven con el para A Coruña. Unha vez na cidade, a tripulación entrega o barco na Capitanía marítima e queda varado no peirao de San Diego. Comezan as pesquisas por membros da capitanía para desvelar as causas do sinistro. O artista foi dado por desaparecido, por máis que o seu proxecto expositivo si foi levado a cabo. Para o barco non houbo descanso.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios
Venha velejar em Angra Aluguel de veleiros novos Com e sem comandante
www.dyc.com.br
Alquiler de Embarcaciones Exclusividad. Embarcación con la más
Moderna Equipación. + Info
www.barcogeppa.com/
Intercambio vacaciones
Intercambios de casas en Europa
alojamientos, barcos, autocaravanas
www.all-vacation-exchange.com/es
ibanesto: Hipoteca AZUL
Pásate a la Hipoteca AZUL, ven a
ibanesto.com –tu low cost banking
www.ibanestocambiodehipoteca.com